xoves, 19 de maio de 2016

O ACHADO DO CASTRO

O autor:
Manuel Núñez Singala É un escritor galego de Terra Chá, aínda que viviu en Santiago de Compostela, estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia e na Universidade de Santiago de Compestela.

A obra:
Esta obra pertence ao teatro, os temas son o amor e a aventura, estructurase en actos, e os seus persoaxes principais son Catulo, Caleno, Carmiñae e Manolitus, e os secundarios son O emperador, Citrón, a nai de Carmiñae, e transcurre no palacio, a obra está escrita en  primeira persoa e ten un vocabulario amplo. Transcurre no pasado e dua unhas semanas.

Resumo:
A obra comenza cos plans de Catulo e Caleno para roubar o medallón do rei a conclusión foi que Catulo se fixera pasar por o conselleiro do rei, o home maís sabio e Caleno se escondera baixo o tricilinium, e por outro surxe o amor entre Carmiñae e Manolitus, e pensaredes que ten que ver unha cousa con outra pois Carmiñae e a filla do emperador, o problema surxe cando  se enteran de que Manolitus e o fillo dunha comerciante. E mentres que Catulo soamente dicía e facía parvadas dado a que él non era un sabio, o emperador planeou un plan no que metían preso a Manolitus por bicar a Carmiñae, pero grazas a Arteixa a nai de Manolitus o emperador soltounos, mentres que Catulo e Caleno non conseguían coller o medallón. Entón o que menos se esperaba era o casamento de Arteixa co emperador, o que levou a cabo un dobre casamento, todos estaban moi contentos tanto que o emperador despois de cachar a Catulo e Caleno deixounos ir.

Comentario:
O libro é moi gracioso e moi bonito, a historia e preciosa e moi graciosa. Sen lugar a dudas o meu persoaxe favorito é Catulo xa que ao non ser sabio non podía dicir cousas certas e decia parvadas, como cando tivo que traducir un poema en latín e non sabía, solo decía tonterías e cousas sen sentido.





martes, 17 de maio de 2016

CONTOS DE SEMPRE

O autor: Esta obra ten diferentes autores como son Catelao, Risco e Pedrayo, 
Pelayo foi un patriarca das letras galegas,
Risco foi unha das figuras mais importantes da literatura galega
Castelao foi un político, escritor, pintor, médico e debuxante español, considerado un dos pais do nacionalismo galego.
A obra: É narrativa, está estruturado en tres contos, trata os temas como o medo é os casos estraños, os persoaxes e o lugar non está identificado pois en cada relato transcorre nun lugar diferente, a época será ao redor duns sesenta anos atrás, está escrita en primeira persoa, cun vocabulario amplo.
O resumo:O libro ten tres lendas, Peito de lobo, O lobo da xente e O corazón de pedra, a min gustoume o segundo O lobo da xente, no que conta como Angel un rapaciño que estaba secando castañas resgardase nun lugar cércano, pechou a porta e retardouse , pero ao cabo dun rato escoita uns ruídos na porta é ve a cara dunha rapaza a que lle conta que a súa nai votoulle unha fada porque o seu padrasto tiña malas intencións con ela e pegoulle, a súa nai non a creu e votouna da casa, desde aquela anda vagando intentando desfacerse de aquela fada,ata que atopou c on el é a fada marchou e non volveu. Os dou namóranse e acaban casando.


O comentario: O libro e interesante, mais e moi difícil de comprender, tes que lelo varias veces para comprendelo na súa totalidadade, igualmente no é dos libro que mais me gustaron, non o aconsellaría xa que acabas cansado de ler algo tan pesado.

mércores, 20 de abril de 2016

POETÍZATE

O autor deste libro e Fran Alonso, é un poeta, editor éxornalista de Vigo. Ten libros famosos como Cartas de amor O brillo dos elefantes... lidos maiormente pola xuventude, ten varios premios, entre eles O Blanco Amor.

A obra é un conxunto de poesías, con temas diversos como a liberdade, a morriña, entre outros, non está dividido. Non ten persoaxes, nen lugares, nen tempo concretos.Ten un vocabulario normal. 

Resumo. O libro ten diversas poesías galegas, pero entre esas gustáronme tres. A primeira é Eu son de aquí,que é moi simple pero emotiva, faiche reflexionar sobre o lugar de onde es, de como un simple sitio pertence a túa identidade. A segunda é Agora cabelos negros que é unha comparación de certas cousas de cando es una moza, a cando xa es unha persoa maior. É a terceira e mais bonita é Deitada fronte o mar que é unha poesía que xa coñecía de antes que trata de como a xente xa non quere falar galego e a lingua vaise perdendo, unha das frases que mais me gusta de este poema é preto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa . Ésta poesía ten unha versión rap Dios ke te crew - Deitado frente ao mar - YouTube .
Comentario
Este libro e moi divertido emotivo, que che fai rir e sobre todo ganas de leer mais poesía.a min gustoume moito. Un titulo que tamen estaría axeitado é Deixate levar.



venres, 8 de abril de 2016

PENÚLTIMAS TENDENCIAS

O autor de esta obra é Carlos Negro o que é profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño(Vila de Cruces).

En relación a obra, o seu xénero é poesía, o tema principal é a moda, e as mulleres que non van a moda, a súa estrutura é en sete capítulos. Non ten persoais nin lugar exacto. A súa época é o presente é non ten duración determinada. O vocabulario e normal, xa que eu o entendo ben.

Resumo: Este libro pretende ensinar o punto de vista de unha adolescente que non fai cousas como... Prepararse, mirarse ao espello, namorarse, etc. Os meus poemas favoritos son dous; o primeiro é autocuestionario Es una chica chic? No que fan preguntas de cousas típicas que fan as adolescentes, pero ela con contesta o típico que contestaría unha adolescente; o segundo é Serial killer  que di"No espello asoma a gadaña da lúa e faime sangue"  faiche pensar, a min deixoume un pouco confusa e estrañada por iso me gusta.

A min o libro gustoume, non tanto como algúns libros anteriores pero en xeral paréceme moi distinto, e desigual ao ler faite ter unha sorriso deixando atrás as tendencias que soe haber na vida, cambiando o que se supón, e moi interesante.


O titulo do libro paréceme axeitado, non sería capaz de poñerlle outro, é orixinal e creativo.

martes, 22 de marzo de 2016

AIRE NEGRO

O autor de este libro e Agustín Fernández Paz é un escritor español da literatura galega, Está licenciado en Ciencias da Educación.

A obra é narrativa,está  dividida en capítulos, trascorre na clínica,no xardín, en algúns lugares aos que ían de excursión, e na gran casa. Comeza no 1999, está escrito primeira persoa, ten un vocabulario amplo, e 175 páxinas. Os protagonistas son Laura e Victor, e os personaxes secundarios son María, Moncho, Carlos, e O doutor Montenegro.
Resumo
Laura Novo é unha muller que está internada na clínica onde comeza a traballar o Doutor Víctor Moldes, Laura non sae da súa habitación, e o Doutor vai todos os días a léelle un libro, ata que un día no medio da lectura, sen parar de ler, o Doutor sae a fora, Laura sen pensalo sígueo e sae, dende aquela saen de excursións por Galicia. O seguinte paso da terapia é escribir todo o que lle pasou dende a súa chegada a Galicia.
Escribindo conta que ao chegar a"Gran Casa" e reencontrouse  co seu antigo profesor Carlos,é que un día ela e o can da casa Dédalo, foron a facer senderismo e entraron nunha cova na que Laura case cae nun gran pozo, se non fora polos ladridos de Dédalo, lanzou unha pedra para ver se era profundo. Dende aquela Laura escoita falar a Carlos é a Moncho de que a sombra que aparecía nas fotos era a Gran Besta. Nos próximos días ocurriron cousas raras como a terrible morte de Dédalo, e o intento de asasinato de Iria, o que lle preocupou, xa que esa noite na miña porta había unha nota na que poñía que buscaban a Laura, non a Iria. Marchou a Madrid, onde lle chegaban correos de Carlos onde dicía o estado de Iria , outro no que poñía que Moncho fora o da carta, e outro correo onde me mandaba unha carta de amor.
Laura decidiu volver para Galicia, ao principio non sentía  a presenza continua, pero au cabo duns días aquela presenza volveu. Aos poucos días Laura decidiu ir ao campo a ler un pouco, debeu de quedar durmida xa que cando espertou o ceo estaba cuberto de nubes, unha tormenta se acercaba, Laura foi para casa apurada, cando mirou para atrás veu unha gran bola negra correndo cara ela, empuxou a correr pero tropezou, a bola negra abriu a boca, e derrépente un raio caeu sobre a bola negra, o seguinte recordo de Laura e aparecer no hospital.
Víctor vai en busca de probas par ver se era certo o que Laura contaba, na cova, sen querer cáelle o colgante que lle deu Laura. Cando chegou a xunta Carlos descubre que Carlos queimou todo o de Laura, para que a Gran Besta non a encontrara.Pero cando Víctor chegou a clínica, dixéronlle que Laura escapara, pero cando entrou na súa habitación, cheirou un cheiro nauseabundo, que recordaba ao cheiro da cova, unhas grandes pegadas, e o máis raro, o colgante que lle regalara Laura, que el vira caer ao pozo, no chan.
Dende aquela Víctor retirouse da psicoloxía.
Comentario
A min o libro encantoume, a forma de escribilo,como deixa entre capítulo e capítulo unha intriga desesperante. Como pode facer crible algo tan surrealista, como describe cada obxecto, cada momento, e un libro moi aconsellable.


luns, 18 de xaneiro de 2016

MADE IN GALIZA




Autor:
Senchu Sende: É un escritor galego da localidade de Padrón. Iniciouse como poeta, pero tamén ten libros de narrativa e de teatro, ilustrou libros. Gañou premios como o Premio Blanco Amor, o seu relato mais coñecido é o de Nin en soños vou perder a miña lingua.

Libro:
A sus editorial é Galaxia , e a primera edición  foi feita en Madrid no dous mil sete, ten cento cinconta e catro paxinas, é narrativo, trata da perda do idioma, está estructurado en corenta e duas historias. Os persoaxes principais son distintos es cada historia, O libro transcurre en distintos lugares, na actualidade é ten diferente duración en cada historia. Está escrito en primeira persoa, ten un vocabulario coloquial.


Resumo:


Este libro esta composto por diferentes historias, nas que se fala da perda da lingua
.
Hai moitas historias pero hai dúas que a min gustáronme moito, a primeira é a de Eu fixen unha ouigha co espírito de Castelao, na que un rapaz conta que a súa profesora levou unha ouigha a clase e púxose en contacto co espírito de Castelao, o que lles preguntou aos rapaces se falaban galego, todos os seus compañeiros dixeron que si, pero el dixo que aínda non, pero desde ese día irao facer.

A outra historia é Na oficina de obxectos perdidos onde un home foi alí en busca da súa lingua, e dando unha serie de características devolvíanlla e podía falar galego, xa que a perdera fai moitos anos e non coñecía da existencia da oficina.


Pero hai unha que gustoume moito Eu nunca serei yo, que consta de esas catro palabras.

Comentario:

O libro e moi bonito, as historias son sinxelas e a vez moi potentes, e en conxunto o libro é emotivo e interesante. A parte de eso non e un libro moi pesado da que faiseche bastante lixeiro e 


luns, 28 de decembro de 2015

O CORAZÓN DE XÚPITER

Autor:
Ledicia Costas é unha escritora galega que e coñecida pola súa obra 'Escarlatina' polo que recibiu o premio nacional da literatura infantil e xuvenil.

Libro:
A sus editorial é Xerais, e a primera edición frita en galicia no dous mil doce, ten duascentas dezaseis, é narrativo, trata da amizade, o amor é o maltrato, está estructurado en veinte capítulos. Os persoaxes principais son Isla, Mar, Anxo, Xúpiter é Carballo, é os secundarios son os país de Isla, profesor e amigos e irmá de Carballo. O libro transcurre na Rexión, na actualidade é dura un curso. Está escrito en tercera persona, omnisciente, hay prolepse, ten un vocabulario coloquial.

Resumo:
Isla é unha rapaza de 17 anos, que por obriga dos seus pais, ten que mudarse a un novo pobo chamado ' A reixón'. Na mudanza Isla tropeza con Carballo, un rapaz que xunto cos seus amigos, fanlle a vida imposible. Alí faise amiga de Mar, unha rapaza moi boa, e de Anxo, un rapaz polo que se sinte atraida pero non quere nada dado que está namorada de Xúpiter, un home supostamente xoven, que Isla coñeceu nun ciberchar, con el pasaba noites enteiras falando de astronomía, un tema que a Isla lle encanta.
Durante o curso Anxocontalles que cando el era un neno, encontrou a dona da vella cervexería, morta no río ca boca chea de medusas, e desde aquela o seu avó di que cando o mar está cheo de medusas, algo malo a de pasar.
O día de San Xoan, Xúpiter citou a Isla na vella cervexería, o que a ela lle pareceu moi raro. No pobo había un concerto, e Mar acompañou a Isla, e dixolle que aos quince minutos de estar alí lle pegase unha pitada para asegurarse de que está ben. Ao chegar a cervexería, algo a empuxou cara dentro, o tal Xúpiter era un home de cinconta anos, atouna de pes e mans, e tapoulle a boca. Mar encontrouse con Carballo, é ao ver o mar cheo de medusas supuxose que algo malo ía pasar.Xúpiter puxose nervioso xa que as cousas no eran como el quería e contoulle a Isla que el era o fillo da dona da cervexería, e que el fora quen a matara, preso do medo Xúpiter tirou a Isla ao mar cheo de medusas.
Ninguen creía o que pasara.
Comentario:
O libro é interesante e moi traxico, eu preferiría que Isla non morrera.