venres, 8 de abril de 2016

PENÚLTIMAS TENDENCIAS

O autor de esta obra é Carlos Negro o que é profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño(Vila de Cruces).

En relación a obra, o seu xénero é poesía, o tema principal é a moda, e as mulleres que non van a moda, a súa estrutura é en sete capítulos. Non ten persoais nin lugar exacto. A súa época é o presente é non ten duración determinada. O vocabulario e normal, xa que eu o entendo ben.

Resumo: Este libro pretende ensinar o punto de vista de unha adolescente que non fai cousas como... Prepararse, mirarse ao espello, namorarse, etc. Os meus poemas favoritos son dous; o primeiro é autocuestionario Es una chica chic? No que fan preguntas de cousas típicas que fan as adolescentes, pero ela con contesta o típico que contestaría unha adolescente; o segundo é Serial killer  que di"No espello asoma a gadaña da lúa e faime sangue"  faiche pensar, a min deixoume un pouco confusa e estrañada por iso me gusta.

A min o libro gustoume, non tanto como algúns libros anteriores pero en xeral paréceme moi distinto, e desigual ao ler faite ter unha sorriso deixando atrás as tendencias que soe haber na vida, cambiando o que se supón, e moi interesante.


O titulo do libro paréceme axeitado, non sería capaz de poñerlle outro, é orixinal e creativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario