O autor de este libro e Agustín Fernández Paz
é un escritor español da literatura galega, Está licenciado en Ciencias da Educación.
A obra é narrativa,está dividida en capítulos, trascorre na clínica,no
xardín, en algúns lugares aos que ían de excursión, e na gran casa. Comeza no
1999, está escrito primeira persoa, ten un vocabulario amplo, e 175 páxinas. Os protagonistas son Laura e Victor, e os personaxes secundarios son María, Moncho, Carlos, e O doutor Montenegro.
Resumo
Laura Novo é unha muller que está internada na
clínica onde comeza a traballar o Doutor Víctor Moldes, Laura non sae da súa
habitación, e o Doutor vai todos os días a léelle un libro, ata que un día no
medio da lectura, sen parar de ler, o Doutor sae a fora, Laura sen pensalo
sígueo e sae, dende aquela saen de excursións por Galicia. O seguinte paso da
terapia é escribir todo o que lle pasou dende a súa chegada a Galicia.
Escribindo conta que ao chegar a"Gran
Casa" e reencontrouse co seu antigo
profesor Carlos,é que un día ela e o can da casa Dédalo, foron a facer
senderismo e entraron nunha cova na que Laura case cae nun gran pozo, se non
fora polos ladridos de Dédalo, lanzou unha pedra para ver se era profundo.
Dende aquela Laura escoita falar a Carlos é a Moncho de que a sombra que
aparecía nas fotos era a Gran Besta. Nos próximos días ocurriron cousas raras
como a terrible morte de Dédalo, e o intento de asasinato de Iria, o que lle
preocupou, xa que esa noite na miña porta había unha nota na que poñía que
buscaban a Laura, non a Iria. Marchou a Madrid, onde lle chegaban correos de
Carlos onde dicía o estado de Iria , outro no que poñía que Moncho fora o da
carta, e outro correo onde me mandaba unha carta de amor.
Laura decidiu volver para Galicia, ao
principio non sentía a presenza
continua, pero au cabo duns días aquela presenza volveu. Aos poucos días Laura
decidiu ir ao campo a ler un pouco, debeu de quedar durmida xa que cando
espertou o ceo estaba cuberto de nubes, unha tormenta se acercaba, Laura foi
para casa apurada, cando mirou para atrás veu unha gran bola negra correndo
cara ela, empuxou a correr pero tropezou, a bola negra abriu a boca, e
derrépente un raio caeu sobre a bola negra, o seguinte recordo de Laura e
aparecer no hospital.
Víctor vai en busca de probas par ver se era
certo o que Laura contaba, na cova, sen querer cáelle o colgante que lle deu
Laura. Cando chegou a xunta Carlos descubre que Carlos queimou todo o de Laura,
para que a Gran Besta non a encontrara.Pero cando Víctor chegou a clínica,
dixéronlle que Laura escapara, pero cando entrou na súa habitación, cheirou un
cheiro nauseabundo, que recordaba ao cheiro da cova, unhas grandes pegadas, e o
máis raro, o colgante que lle regalara Laura, que el vira caer ao pozo, no
chan.
Dende aquela Víctor retirouse da psicoloxía.
Comentario
A min o libro encantoume, a forma de
escribilo,como deixa entre capítulo e capítulo unha intriga desesperante. Como
pode facer crible algo tan surrealista, como describe cada obxecto, cada
momento, e un libro moi aconsellable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario