xoves, 19 de maio de 2016

O ACHADO DO CASTRO

O autor:
Manuel Núñez Singala É un escritor galego de Terra Chá, aínda que viviu en Santiago de Compostela, estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia e na Universidade de Santiago de Compestela.

A obra:
Esta obra pertence ao teatro, os temas son o amor e a aventura, estructurase en actos, e os seus persoaxes principais son Catulo, Caleno, Carmiñae e Manolitus, e os secundarios son O emperador, Citrón, a nai de Carmiñae, e transcurre no palacio, a obra está escrita en  primeira persoa e ten un vocabulario amplo. Transcurre no pasado e dua unhas semanas.

Resumo:
A obra comenza cos plans de Catulo e Caleno para roubar o medallón do rei a conclusión foi que Catulo se fixera pasar por o conselleiro do rei, o home maís sabio e Caleno se escondera baixo o tricilinium, e por outro surxe o amor entre Carmiñae e Manolitus, e pensaredes que ten que ver unha cousa con outra pois Carmiñae e a filla do emperador, o problema surxe cando  se enteran de que Manolitus e o fillo dunha comerciante. E mentres que Catulo soamente dicía e facía parvadas dado a que él non era un sabio, o emperador planeou un plan no que metían preso a Manolitus por bicar a Carmiñae, pero grazas a Arteixa a nai de Manolitus o emperador soltounos, mentres que Catulo e Caleno non conseguían coller o medallón. Entón o que menos se esperaba era o casamento de Arteixa co emperador, o que levou a cabo un dobre casamento, todos estaban moi contentos tanto que o emperador despois de cachar a Catulo e Caleno deixounos ir.

Comentario:
O libro é moi gracioso e moi bonito, a historia e preciosa e moi graciosa. Sen lugar a dudas o meu persoaxe favorito é Catulo xa que ao non ser sabio non podía dicir cousas certas e decia parvadas, como cando tivo que traducir un poema en latín e non sabía, solo decía tonterías e cousas sen sentido.





Ningún comentario:

Publicar un comentario