xoves, 19 de maio de 2016

O ACHADO DO CASTRO

O autor:
Manuel Núñez Singala É un escritor galego de Terra Chá, aínda que viviu en Santiago de Compostela, estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia e na Universidade de Santiago de Compestela.

A obra:
Esta obra pertence ao teatro, os temas son o amor e a aventura, estructurase en actos, e os seus persoaxes principais son Catulo, Caleno, Carmiñae e Manolitus, e os secundarios son O emperador, Citrón, a nai de Carmiñae, e transcurre no palacio, a obra está escrita en  primeira persoa e ten un vocabulario amplo. Transcurre no pasado e dua unhas semanas.

Resumo:
A obra comenza cos plans de Catulo e Caleno para roubar o medallón do rei a conclusión foi que Catulo se fixera pasar por o conselleiro do rei, o home maís sabio e Caleno se escondera baixo o tricilinium, e por outro surxe o amor entre Carmiñae e Manolitus, e pensaredes que ten que ver unha cousa con outra pois Carmiñae e a filla do emperador, o problema surxe cando  se enteran de que Manolitus e o fillo dunha comerciante. E mentres que Catulo soamente dicía e facía parvadas dado a que él non era un sabio, o emperador planeou un plan no que metían preso a Manolitus por bicar a Carmiñae, pero grazas a Arteixa a nai de Manolitus o emperador soltounos, mentres que Catulo e Caleno non conseguían coller o medallón. Entón o que menos se esperaba era o casamento de Arteixa co emperador, o que levou a cabo un dobre casamento, todos estaban moi contentos tanto que o emperador despois de cachar a Catulo e Caleno deixounos ir.

Comentario:
O libro é moi gracioso e moi bonito, a historia e preciosa e moi graciosa. Sen lugar a dudas o meu persoaxe favorito é Catulo xa que ao non ser sabio non podía dicir cousas certas e decia parvadas, como cando tivo que traducir un poema en latín e non sabía, solo decía tonterías e cousas sen sentido.





martes, 17 de maio de 2016

CONTOS DE SEMPRE

O autor: Esta obra ten diferentes autores como son Catelao, Risco e Pedrayo, 
Pelayo foi un patriarca das letras galegas,
Risco foi unha das figuras mais importantes da literatura galega
Castelao foi un político, escritor, pintor, médico e debuxante español, considerado un dos pais do nacionalismo galego.
A obra: É narrativa, está estruturado en tres contos, trata os temas como o medo é os casos estraños, os persoaxes e o lugar non está identificado pois en cada relato transcorre nun lugar diferente, a época será ao redor duns sesenta anos atrás, está escrita en primeira persoa, cun vocabulario amplo.
O resumo:O libro ten tres lendas, Peito de lobo, O lobo da xente e O corazón de pedra, a min gustoume o segundo O lobo da xente, no que conta como Angel un rapaciño que estaba secando castañas resgardase nun lugar cércano, pechou a porta e retardouse , pero ao cabo dun rato escoita uns ruídos na porta é ve a cara dunha rapaza a que lle conta que a súa nai votoulle unha fada porque o seu padrasto tiña malas intencións con ela e pegoulle, a súa nai non a creu e votouna da casa, desde aquela anda vagando intentando desfacerse de aquela fada,ata que atopou c on el é a fada marchou e non volveu. Os dou namóranse e acaban casando.


O comentario: O libro e interesante, mais e moi difícil de comprender, tes que lelo varias veces para comprendelo na súa totalidadade, igualmente no é dos libro que mais me gustaron, non o aconsellaría xa que acabas cansado de ler algo tan pesado.