mércores, 20 de abril de 2016

POETÍZATE

O autor deste libro e Fran Alonso, é un poeta, editor éxornalista de Vigo. Ten libros famosos como Cartas de amor O brillo dos elefantes... lidos maiormente pola xuventude, ten varios premios, entre eles O Blanco Amor.

A obra é un conxunto de poesías, con temas diversos como a liberdade, a morriña, entre outros, non está dividido. Non ten persoaxes, nen lugares, nen tempo concretos.Ten un vocabulario normal. 

Resumo. O libro ten diversas poesías galegas, pero entre esas gustáronme tres. A primeira é Eu son de aquí,que é moi simple pero emotiva, faiche reflexionar sobre o lugar de onde es, de como un simple sitio pertence a túa identidade. A segunda é Agora cabelos negros que é unha comparación de certas cousas de cando es una moza, a cando xa es unha persoa maior. É a terceira e mais bonita é Deitada fronte o mar que é unha poesía que xa coñecía de antes que trata de como a xente xa non quere falar galego e a lingua vaise perdendo, unha das frases que mais me gusta de este poema é preto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa . Ésta poesía ten unha versión rap Dios ke te crew - Deitado frente ao mar - YouTube .
Comentario
Este libro e moi divertido emotivo, que che fai rir e sobre todo ganas de leer mais poesía.a min gustoume moito. Un titulo que tamen estaría axeitado é Deixate levar.



venres, 8 de abril de 2016

PENÚLTIMAS TENDENCIAS

O autor de esta obra é Carlos Negro o que é profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño(Vila de Cruces).

En relación a obra, o seu xénero é poesía, o tema principal é a moda, e as mulleres que non van a moda, a súa estrutura é en sete capítulos. Non ten persoais nin lugar exacto. A súa época é o presente é non ten duración determinada. O vocabulario e normal, xa que eu o entendo ben.

Resumo: Este libro pretende ensinar o punto de vista de unha adolescente que non fai cousas como... Prepararse, mirarse ao espello, namorarse, etc. Os meus poemas favoritos son dous; o primeiro é autocuestionario Es una chica chic? No que fan preguntas de cousas típicas que fan as adolescentes, pero ela con contesta o típico que contestaría unha adolescente; o segundo é Serial killer  que di"No espello asoma a gadaña da lúa e faime sangue"  faiche pensar, a min deixoume un pouco confusa e estrañada por iso me gusta.

A min o libro gustoume, non tanto como algúns libros anteriores pero en xeral paréceme moi distinto, e desigual ao ler faite ter unha sorriso deixando atrás as tendencias que soe haber na vida, cambiando o que se supón, e moi interesante.


O titulo do libro paréceme axeitado, non sería capaz de poñerlle outro, é orixinal e creativo.